Ayuda
Profesora das materias de galego e castelán. Especialidade na ESO e Bacharelato. 8 /h
Alba
Ourense 
24h Responde en 24 horas
Perfil verificado
Lengua cooficialGallego
Desafortunadamente, este profesor no está disponible

Profesora das materias de galego e castelán. Especialidade na ESO e Bacharelato.

Clases dirixidas a alumnado que precise:
a) dun reforzo das explicacións dadas no seu centro de formación.
b) repaso e/ou mellora da súa competencia nas materias referenciadas.

Para levar a cabo a comprensión destas materias e sacar o máximo proveito das mesmas, parto do entendemento das linguas como ferramentas que nos permiten comunicarnos, conservar e transmitir coñecementos, accedendo á realidade e participando na mesma. É dicir, ensinar e aprender unha lingua non se restrinxe tanto a un coñecemento dun código (enfoque formal), senón que debe abrirse máis cara a un coñecemento práctico, do uso (enfoque comunicativo). Se recoñecemos que a lingua posúe funcións sociais, o proceso de ensino-aprendizaxe da mesma cobra sentido no momento no que as docentes e os docentes somos quen de cubrir a necesidade de adquirir competencias comunicativas que permitan o aproveitamento do coñecemento máis teórico.

Se o domicilio ó que me desprazo está a máis de 30 min. camiñando do meu domicilio, engadirase o prezo do transporte público ó prezo inicial.

Informaciones prácticas sobre Alba

Imparto lengua castellana y literatura, lingua galega e literatura. Para el/los nivel(es) ESO, bachillerato, selectividad.

Doy clases presenciales, en tu domicilio.

Experiencia de Alba

A día de hoxe a miña experiencia redúcese a dous meses de prácticas nun centro educativo onde tiven a oportunidade de traballar con discentes comprendidos entre os cursos de 1ºESO ata 2º de Bacharelato. Durante este breve período tiven a oportunidade de levar a cabo unha unidade didáctica propia orientada á ESO onde se levaba a cabo a docencia da materia de galego dende unha perspectiva máis comunicativa, prescindindo do enfoque formal e mais teórico.

Curriculum Vitae de Alba

Formación actual:
- Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas. Especialidade en Linguas e Literaturas pola Universidade de Santiago de Compostela (2015-2016).

Formación académica:
- Educación Primaria Obrigatoria (1999-2005); Educación Secundaria Obrigatoria (2005-2009); e Bacharelato con especialidade de Humanidades (2009-2011) no CPR “Colexio Plurilingüe Divina Pastora” (Ourense).
- Graduada en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela (2011-2015):
Maior en Lingua e Literatura Galegas (120 ECTS).
Minor en Lingua e Literatura Españolas (48 ECTS).
- Materias Optativas cursadas:
Inglés I, Inglés II (12 ECTS).
Latín I, Latín II (12 ECTS).

Idiomas:
- Galego (CELGA 5).
- Nivel B1 Inglés acreditado polo “Centro de Linguas Modernas” curso 2013-2014 (Universidade de Santiago de Compostela).
- Materias optativas na carreira: Inglés I e Inglés II.

Desafortunadamente, este profesor no está disponible Satisfacción Garantizada más información

Profesores similares

¿Buscas clases de lengua castellana y literatura cerca de casa? Te presentamos una selección de anuncios de profes que te pueden ayudar. Superprof también te puede proponer clases de lingua galega e literatura si lo necesitas.